Ca remate practicamente da tempada atlética, vaise póñendo de igual modo punto e peche a unha serie de Circuitos de Carreiras Populares que ao longo das distintas provinzas e concellos viñeron desenvolvendose no noso calendario.
Por provinzas e comezando ca Coruña contaríamos co IV Circuito de Carreiras da Deputación da Coruña que ainda se está desenvolver a falta de cinco probas, o III Circuito Correndo pola Costa da Morte cuios gañadores absolutos foron Rocío Alvite e Michel Antelo, e o V Circuito Corresán de Santiago na que se imporían Lara Buig e Cristian Muiño. Por último nesta mesma provinza tamén contariamos co IV Circuito Coruña Corre que tería en Noelia Papín e Abdelaziz Fatihi os gañadores desta edición.
A provinza de Ourense organizaría o Correndo por Ourense (CxOu 2016) na que Sonia Teijeiro e Rubén Diz serían os máis regulares das seis probas que formarían o mesmo.
Xa por último na provinza de Pontevedra Leticia Fernández e Iván Docampo imporíanse na IV Circuito de Carreiras Pedestres Pontevedra (CCCP-2016) logo da suma dos resultados das sete probas que o formaban.