Resultados

A Deputación de Pontevedra, visita o ESGAMAR

Onte martes a Deputada de Deportes de Pontevedra Chelo Besada, visitaría Cuntis para coñocer de primeira man o funcionamento da Escola Galega de Marcha (ESGAMAR) onde sería recibida polo seu Director Carlos Morales e polo técnico José Antonio Pardal. De igual modo estarían presentes tanto o alcalde do Concello de Cuntis Manuel Campos, como a súa concelleira de Deportes Conchy Campos.

Lembramos que a Deputación Provincial de Pontevedra leva subvencionando dende fai máis de dez anos as Escolas Galegas de Marcha, baixo cuias distintas direccións (Santi Pérez, Jorge Silva, Oscar Fernández e Carlos Morales) acadaría resultados moi importantes para o sector con distintos títulos nacionáis. Da mesma maneira de ela sairían practicamante a totalidade dos marchadores internacionáis galegos dos últimos anos .

Compartir: