Os responsables de saltos da F.G.A. Santiago Ferrer Alonso e Mario Rodríguez veñen de desenvolver a primeira das dúas concentracións de saltos que tería por esciario no dia de hoxe, o Módulo Cuberto do Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo. Nela se contaría ca participación de vintecatro saltadores procedentes da zona norte da nosa comunidade (A Coruña e Lugo)
Lembramos que estas xornadas técnicas e de seguimento, continuarán o vindeiro dia 3 de Decembro no Módulo Cuberto do Pavillón dos Remedios de Ourense para a zona Sur (Ourense e Pontevedra) contando de igual maneira co mesmo número de atletas convidados.
A estas xornadas tamén acudirán os técnicos Alfonso Palomanes, Santi Ferrer M. e Alberto Salgado.