Resultados

Ames acapara o protagonismo nesta fin de semana

Interesante axenda atlética a que temos esta fin de semana na que toda a actividade centrarase no domingo dia 23

Para comezar o Concello de O Corgo acolle a VIII Carreira Popular Arumes do Corgo. Memorial Quique Casanova, cuia proba principal sobre 5.300 m. dará comezo as 11.30 horas fronte o CEIP de O Corgo.

Ourense a traveso do seu Consello Municipal de Deportes organiza de igual modo xunto a outros organismos o VI Circuito Correndo por Ourense que se achega a súa proba da Carreira da Carballeira e que dará comezo as 12.00 na rúa praza da Lexión e cuio remate porá punto e peche a este sexto circuito.

Por ultimo o evento máis importante será o desenvolvemento do IX Campionato de Galicia de 10 k. en Ruta que se disputará conxuntamente ca XVII Carreira Pedetre Popular Concello de Ames pertencente ao IV Circuito de Carreiras Populares da Deputación da Coruña. Ambalas dúas teran a saida principal as 11.00 horas en Bertamiráns na Rúa Alcalde Lorenzo que se atopa a carón do Concello

Compartir: