Continúa a desenvolverse o calendario oficial de probas da Federacion Galega de Atletismo nestos últimos compases da tempada que oficialmente dará remate o vindeiro dia 31 de Outubro.
Antes desa data, ségue a actividade cada vez máis crecente na que a ruta, a esperas das inminentes probas de cross e pista cuberta, continúa a ter unha importante relevancia. Por tal motivo o sábado, Santiago asumirá a súa proba co desenvolvemento da famosa cita pedestre Corresán. Ruta dos Parques que se achegará ata a Cidade da Cultura con saida prevista para as 18.00 horas.
Xa o domingo o evento máis importante sen lugar a dúbidas será ese Campionato de Galicia de Media Marathón que se desenvolverá en Pontevedra coincidindo ca XXI Media Marathón Cidade de Pontevedra. A saida conxunta será as 11.00 horas da mañán dende a Ponte dos Tirantes.
Ese mesmo dia, e no Concello de Vigo, acontecerá a clásica Vigo+11. Trofeo el Corte Inglés que percorrerá as principáis rúas do Concello Olívico . Todo elo dará comezo as 10.00 horas dende a Rúa Concepción Arenal para dar paso as 11.15 h. a carreira principal.
Narón súmase as probas solidarias, organizando a I Carreira – Andaina Solidaria pola Saude Mental que terá lugar a partir das 11.00 horas dende o Colexio Ponte de Xubia (pola parte do Paseo Marítimo)
Por último os Concellos de Fisterra e Baña acollerán as súas respectivas probas correspondentes a III Carreira Popular Concello de Fisterra (IV Circuito Deptación da Coruña e Circuito Costa da Morte) con saida as 11.00 horas do núcleo urbán e o Circuito de Trail Galiaca 2016. A Baña que dará comezo as 10.30 horas con saida dende o pazo do Concello.