Excelentes novas unha vez máis para o Comité Galego de Xuices, xa que un dos seus membros Andrés Anxo Pérez Sánchez da Deleación da Coruña, ven de ser elexido coma millor xuiz novel da RFEA 2016 polo CNJ en Xunta de Goberno mantida esta fin de semana en Segovia. Entre os méritos que se valoraron para este premio, figura o da súa completa integración no panel de medidores de ruta do CNJ entre outros aspectos de relieve.
Lembramos que Anxo Pérez sucede a Guillermo Sandino quen o ano pasado acadara este mesmo galardón. Outros membros do CGX galardoados ca distinción de Millores Xuices do Ano serían, Dolores Rojas no 2002, Jorge Blanco no 2011 e Angel Lopez Montesinos no ano 2012.