Xulia Vaquero Sousa, (Chamonix,1970) é un dos referentes indiscutibles do atletismo galego. Nada casualmente en Francia en 1970, con apenas uns meses de vida asentaríase na Garda que se convertiría dende entón na súa residencia.
Atleta de gran capacidade e sacrifio chegaría da man do seu adestrador Alfonso Ortega a domiñar boa parte da década dos noventa, na que destacaría especialmente no cross acadando os títulos de campiona de España absoluta dende os anos 1992 ata 1998. A Nivel internacional da mesma maneira, acadaría os subcampionatos de Europa de Cross nos anos 1994 e 1996 sendo en 1990 Campiona Mundial Universitaria en Polonia e medalla de bronce em Irlanda catro anos máis tarde.
Nas probas de pista, simultanearía as modalidades de fondo nas que chegou a ser campiona de España absoluta nos 3000 m.l. (anos 1989 e 1990); 5.000 m.l. (1993 e 1996) e 10.000 m.l. no ano 1998. De igual modo foi plusmarquista española dos 10.000 m.l. con 14.44.95 (1997)
Se lugar a dúbidas o mes de xullo do ano 1996 sería un dos máis importantes na carreira atlética de Xulia Vaquero. Nese máxico mes, e nun espazo de cinco dias, batiría o Récord de España dos 5.000 m.l. cun fantástico rexistro 14.44.95, (ainda hoxe vixente) e dos 3000 m.l. con 8.41.23. Semanas despóis destas grandes marcas presentábase nos Xogos de Atlanta tomando parte na proba dos 10.000 m. A presión e as espectativas creadas entorno a unha posible medalla pasaríanlle factura, acadando na final olímpica a novena posición con 31.27.07.
Durante a seu periplo atlético chegaría a militar nos clubes do R.C.Celta de Vigo, Santiveri, New Balance, Adidas e Kelme Olimpico, acadando a internacionalidade en 31 ocasións. En canto a méritos deportivos e institucionáis ten no seu haber a Medalla de Plata da Xunta de Galicia do ano 1997, así como a distinción da RFEA como Millor Atleta Española do ano 1996.
Nai de familia e Licenciada en Ciencias do Deporte e a Educacion Fisica, vive afastada do atletismo no seu concello de sempre.
Xogos | Proba | Marca | Posto |
Atlanta-96 |
10.000 m. |
32.27.05 |
3ª e 1ª |
Atlanta-96 |
10.000 m. |
31.27.07 | 9ª |