O Campionato de España de milla en ruta, centrará boa parte da atención do fin de semana

Esta fin de semana a cita principal se atopa en Marín ca desputa na xornada de serán do sábado, do Campionato Nacional da Milla en Ruta que terá nos atletas Solange Pereira e Victor Rioboo ó máis salientable do noso atletismo. No caso de Solange, o seu obxectivo non é outro que o de revalidar o título acadado nas catro últimas edicións de maneira ininterrumpida sendo as aspiracións de Rioboo repetir o trunfo do 2012. Todo elo, terá lugar no circuito ubicado na praza de Ourense ca saidas das mulleres as 19.40 h. e a dos homes as 19.55 h.

As probas pedestres oficiáis da FGA tamén estarán presentes nesta fin de semana ca desputa o sábado da Carreira da Ponte correspondente ó VI Circuito de Carreiras Populares Correndo por Ourense que dará comezo as 21.00 horas. O mesmo sábado o Concello coruñés de Cabanas de Bergantiños as 17.00 horas desenvolverá a III Carreira Popular Dolmen de Dombate que da mesma maneira forma parte do IV Circuito de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.

Para rematar o domingo será Narón quen acolla as 11.00 a desputa da II Carreira Solidaria Asotrame (Asociación Galega de Transplante de Médula Ósea) cuio desenvolvemento terá lugar a carón do Pavillón Municipal de A Gándara

Compartir: