Paralimpiadas, Copa de Europa, e Pedestrismo para esta fin de semana

Este fin de semana ven marcado por varias actividades atléticas e competitivas nas que están inmersos intereses galegos.

Para comezar, e sen lugar a dúbidas, os focos de atención estarán nos Xogos Paralímpicos de Río ca presencia de Gustavo Nieves na proba de marathon. O vilalbés tomará a saida o domingo as 09.00 horas local, con serias posibilidades de acadar un excelente resultado.

Uxía Pérez Bugarín do Playas de Castellón, é outras das galegas con notoriedade xa que intentará contribuir ca súa participación nos 3.000 m. a que o clube no que milita acade un bo posto na máxima categoría da XXVIII Copa de Europa de Clubes Junior que se desenvolverá en Castellón o sábado

A maiores contaremos con moita actividade pedestre, na que salientamos as probas oficiáis do IV Circuito de Carreiras Populares da Deputación da Coruña co desenvolvemento da súa XV Carreira Pedestre Vila de Corcubión (sábado as 17.30 horas), así como a V Milla Urbana Concello de Valdoviño (domingo 11.10 horas). Santiago tamén contará con actividade atlética no que será a desputa da Carreira de Montepedroso, correspondente a V Corresán o domingo as 10.00 horas e na que lembramos, ben de cambiar o seu formato habitual de cronoescalada.

Para rematar Ponteareas de igual modo, estrea a súa carreira ca primeira edición da I Ribeira do Tea, no citado Concello o domingo as 10.00 horas con chegada na Ponte romana dos Remedios.

Compartir: