Este venres están convocados a unha xuntanza ordinaria os membros pertencentes a Xunta Directiva e Comisión Delegada da Federación Galega de Atletismo no salón de actos do servizo Provincial de Deportes na Coruña.
Os temas a aprobar (se procede) como cada ano, serán cuestións tan importantes como a normativa de licenzas que rexirá esta tempada, as normas técnicas, o calendario de compiticións, as normativas dos campionatos de Galicia, así como o informe económico entre outros aspectos a tratar. Previamente o presidente da Federacion Galega exporá os membros un informe onde se salientarán os aspectos máis significativos tanto da pasada tempada coma da que está a piques de comezar.
Lembramos que a Xunta Directiva está formada por catorce membros sendo a composición da Comisión Delegada de dez persoas, as cales se atopan divididos polos estamentos de clubs (seis representantes), atletas (dous), e adestradores e xuices cun representante para cada un.