XVIII. Maria Abel, a biolímpica lucense que se formaría no CGTD de Pontevedra

María Abel Diéguez (Lugo,1974) representa xunto a Alessandra Aguilar o máximo expoñente do atletismo lucense nos últimos vinte anos.

Nun entorno familiar no que a presencia do atletismo era constante, a xoven María Abel comezaría a práctica atlética ingresando ao cabo de poucos anos, no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, onde comezaría a amosar as súas excelentes caulidades.

Os primeiros éxitos a nivel galego virían acompañados da súa primeira internacionalidade no Mundial Junior de Cross no ano 93. Uns anos máis tarde acadaría o campionato de España Promesa de 10.000 m. e as súas milloras irían sucedéndose ó ritmo de traballo e duros adestramentos.

Por motivos personales trasladaríase a Madrid no ano 1997, onde comezaría a adestrar con Luis Miguel Landa grazas a beca extarna acadada na Blume. Simultanearía esos anos as probas de 10.000 m. co Cross, especialidade esta, na que chegaría a ser campiona de España nas edicións de 2000 e 2003. No ano 2000 plantaríase cun rexistro nos 10.000 m. de 32.02.2 (MMP) o que lle permitiría tomar parte nos Xogos de Sidney. Competiría no Stadium Australia o dia 27 de setembro acadando a décimo quinta posición da súa serie.

Rematados os Xogos comezaría a centrar a súa preparación na marathon, proba na que debutaría no 2001 en Rotterdan acadando unha extraordinaria terceira posición con 2.29.45. A partires dese instante, e xa centrada na proba con vistas a Atenas, chegaría o ano 2002 na que acadaría a súa MMP con 2.26.58. Dous anos máis tarde, e logo da disputa do Mundial de París no 2003 (15ª con 2.30.15), de novo sería seleccioada para tomar parte nos Xogos de Atenas. Na cuna do olimpismo e nun nun esciario incomparable, sería a millor das españolas participantes rematando no posto vixésimo sexto nunha proba tan fermosa como dura e esixente.

Chegaría a ser internacional en 28 ocasións militando en clubes tan importantes como o Lucus, San Miguel de Oia, Gimnástica de Pontevedra, Nike, Adidas, New Balance ou Kelme por citar algúns. Na actualidade se atopa afincada en Madrid sendo nai de familia

Xogos Proba Marca Posto
Sidney-2000 10.000
34.05.44 15ª na 2ª serie
Atenas-2004 Marathon
2.40.13 26ª

Un espacio para la Historia: Maria Abel (Emilio Navaza)

Curriculum RFEA

Ligazón