Contínuamos co noso especial “olímpicos Galegos” que nos fai achegarnos no dia de hoxe a figura doutro destacado lanzador no seu tempo.
David Martínez Varela (Betanzos, 1967) pasa por ser xunto a Frank Casañas, o máximo referente do disco a nivel masculino galego.
A súa tipoloxía e as súas características técnicas fixeron del o domiñador da especialidade de disco dende fináis dos oitenta ata o ano 2000 pasando a formar parte do exclusivo número de atletas galegos que tomaron parte en tres edicións Olímpicas
O ano 1987 sería o comezo dun longo ciclo no cal acadaría o seu primeiro récord nacional con 58.88 m. A esta plusmarca sumaríaselle un total de nove máis, ata fixala na que sería a súa MMP de 65.46 m. efectuada no ano 1992. Nese mesmo ano tomaría parte nos Xogos Olímpicos de Barcelona nos cales tería unha extraordinaria actuación clasificándose para a final con 61.22. Xa na mesma quedaría a tan só un posto de finalista con 60.16. (59.74-59.54-60.16)
De novo catro anos máis tarde, e cun claro domiño a nivel nacional, tomaría parte nos Xogos de Atlanta 96 non poidendo repetir a exitosa actuación de Barcelona. Remataría a súa participación con tres lanzamentos nulos.
O periodo do 1996 ao 2000 resultaría bastante problemático a nivel persoal xa que recaería sobre el unha sanción que o mantería apartado durante o ano 1996 das pistas, malia que esta sería recurrida ante o Comité de Discipliña Deportiva que o acabaría exculpando. Lonxe de desánimos, volvería a porse a cabeza da proba no ano 2000 ao lanzar por riba dos sesenta e catro metros o que lle valería para acadar un novo billete Olimpico cara os Xogos de Sidney. Na capital australiana lanzaría no primeiro intento 61,50 m. que non lle permitirían acceder a final do concurso (61.50-X-59.97)
David Martínez sería internacional en 33 ocasións acadando once títulos de campión de España absoluto. No seu palmarés internacional destacamos a medalla de ouro e prata nos Iberoamericanos dos anos 1990 e 1992 respectivamente así coma as de prata e bronce dos Xogos do Mediterráneo nas súas nas edicións de 1991 e 2001
Militaría nos clubes de U.D. Las Palmas, Larios A.A.M, Playas de Jandía, Airtel e Atún Canarias. Nos últimos anos ficharía polo Atletismo Narón onde se lle pode ver ainda en activo tomando parte nas compiticións tanto de Liga coma de veteranos.
Xogos | Proba | Marca | Posto |
Barcelona-92 |
Disco |
61.22 | 9ºQ (4ªA) |
Barcelona-92 |
Disco |
60.16 |
9º |
Atlanta-96 |
Disco |
– | Abandona |
Sidney-2000 | Disco | 61.50 |
19ºQ (11ºB) |