Resultados

Xavalinistas galegas nas concentracións da R.F.E.A.

A Real Federacion Española de Atletismo na súa circular número 179/2016 a proposta do Comité Técnico, previo informe presentado por Manuel Martínez Gutiérrez e o Responsable da categoría junior José García Grossocordón, organizará unha concentración de lanzamentos do 09 ao 11 de Setembro no Centro de Alto Rendemento de León a cal acudirán dúas xavalinistas galegas.

En concreto trátase da coruñesa xuvenil Ivanna Román do Marineda que se atopa liderando o ranking nacional da súa categoría ca xavalina de 600 gr. cun lanzamento de 40.48 m. asi como a pontevedresa junior do Atletismo Feminino Celta Laura Meira que do mesmo modo se atopa na segunda posición no ranking nacional con 45.38 m.

Compartir: