Jean Marie Okutu, o segundo dos nosos atletas, tomaría parte na madrugada de hoxe na súa serie clasificatoria de lonxitude na que estaría encadrado no grupo B integrado por un total de 16 saltadores dun total de 32. O discípulo de Javier Medrano e plusmarquista galego con 8.17 m., acadaría un millor salto no seu primeiro intento de 7.75 m. que vería acompañado polos 7.72 m.do seu segundo e os 7.53 m. do seu terceiro e último intento.
A proba sería gañada polo chinese Wang con 8.24 m. estando a clasificación para a final nos 7.85 m. que acadaría o xamaicano Forbes, último dos clasificados
Ca eliminación do atleta de Marín, o atletismo galego queda sen representación nos Xogos de Río logo de que tampouco poidera estar na final no dia de hoxe Frank Casañas no concurso de disco.