Resultados

IX. Alejandro Gómez un olímpico amante da natureza

Alejandro Gómez Cabral (Vigo, 1967) formaría parte dunha excepcioal xeración de fondistas galegos que durante os últimos anos dos oitenta e boa parte dos noventa dominaría as probas de fondo e cross.

Adestrado por Julio Rodríguez , xa de xuvenil amosaría as súas excepcionáis cualidades que o levarían a destacar tanto nos Obstáculos, coma nos 5.000 m. 10.000 m, marathon e sobre todo no cross.

No ano 1988 acreditaría a mínina de participación para tomar parte nos Xogos de Seul na proba dos 5.000 m.l. na que chegaría a correr as semifináis acadando un rexistro de 13.41.73. Catro anos máis tarde e xa convertido nun especialista dos 10.000 tomaría parte nos Xogos de Barcelona-92, malia que tería que abandonar a súa serie por problemas físicos.

De novo unha cita máis, chegaría catro anos máis tarde ca disputa dos Xogos de Atlanta sobre a mesma distancia dos 10.000. na que se metería na final olímpica acadando un 15º posto cun rexistro de 28.39.11. Con tres edicións nos Xogos sitúase na lista de atletas galegos con máis olimpiadas desputadas

Alejandro Gómez conta cun importante curriculum do que salientamos as 41 internacionalidades, os récords de España junior e promosa e os seus nove campionatos de España absolutos nas probas de fondo e cross. Na súa carreira deportiva militaría en varios clubes importantes tanto galegos coma nacionáis, chegando a tomar parte no ano 1997 en Rotterdan na proba de marathon onde acadaría a segunda posición cun rexistro de 2.07.54.

Os seus rexistros máis importante a nivel absoluto individual serían o sexto lugar no mundial de Cross (1988) asi como os postos de finalista nos campionatos de Europa de Marathon nos anos 1998 (5ª) e 2002 (6º)

A nivel persoal, é un consumado amante da natureza e dos animáis mundo este que mistura ca súa paixón por seguir correndo

Xogos Proba Marca Posto
Seúl-88 5.000 m..
13.51.60 9º elim. 1ª
Seúl-88 5.000 m.
13.41.73 11º 1ª semf
Barcelona-92 10.000 m.
Abandona
Atlanta-96 10.000 m. 28.28.16 9º na 2ª sem
Atlanta-96 10.000 m. 28.39.11 15º Final

Curriculum RFEA