Manuel Carlos Gayoso (Pontevedra,1944) é outro dos importante e talentosos velocistas olímpicos que daría Pontevedra durante os anos sesenta e setenta.
Comezaría practicando probas de medio fondo e fondo para decantarse nos primeiros intres da súa traxectoria polos 400 m. valados da man do seu adestrador Jose Luis Torres (antes fora adestrado por outro Jose Luis, “O Bruxo”) proba na que acadaría o récord de España con 52.7 no ano 1965 xa na Blume de Madrid. Ademáis lograría os títulos de campión nacional nos anos 1964,65,66 e 68. Paralelamente simuntanearía esta proba co dos 400 m.l. da que da mesma maneira chegaría a ser Campión de España nos anos 1968 e 1969 sendo este último, no que batería o récord de nacional ao aire libre con 46.2 e de pìsta cuberta con 47.5.
Non poido redondear o ano 1968 ca súa participación nos Xogos de México tendo que agardar ata os de Munich-72 para tomar parte na proba dos 800 m.l. A esta proba chegaría ese ano cun millor rexistro de 1.47.2 e un récord de España indoor de 1.50.15.
O 31 de Agosto no Estadio olimpìco tomaría parte na súa serie acadando a terceira posición con 1.47.5 que o levarian ata as semifináis. Xa nas mesmas rexistraría un quinto posto con 1.47.7 que por momentos lle daba o pase a final malia que a recalificación posterior dun atleta, privariao da mesma.
De novo catro anos máis tarde, quedaría a moi pouco de tomar parte nos Xogos de Montreal-76, momento no cal tomaría a decisión de abandonar a práctica atlética logo de acumular un total de 47 internacionalidades, 6 campionatos de nacionáis absolutos e de ter militado nos clubes galegos máis importantes da época
Xogos | Proba | Marca | Posto |
Munich-72 |
800 m. |
1.47.5 |
3º na 6ª elim. |
Munich-72 | 800 m. | 1.47.7 | 5º na 3ª semf. |