Rogelio Rivas Abal (VIgo, 1944) sería un dos moitos velocistas que a provinicia de Pontevedra daría ao atletismo Español e olímpico.
Discípulo de Alfonso Posada nos primeiros momentos da súa andaina atlética, destacaría rapidamente na categoría xuvenil acadando os récords de España de 100 m.l. con 10.9 e 200 m. con 22.3. pasando casi de inmediato a adestrar, xa na Residencia Blume de Madrid, con José Luis Torres.
No ano 1968 establecería nos 100 m.l. un rexistro de 10.4 que serían ademáis de récord nacional, mínima de participación para os Xogos de Tokio aos cales acudiría con apenas vinte anos tomando parte na décima serie do hectómetro. Nun dia de moita choiva, remataría a súa serie de 8º con 11.1 (récord de España eléctrico 11.12).
Amosaríase coma un completísimo velocista que chegaría a correr os 200 m.l en 21.6 (Récord Nacional), centrando a súa particpación nos 400 m.l logo dos Xogos Olimpicos. Paradoxicamente sería nesta distancia onde acadaría os únicos títulos de campión de España nas edicións dos anos 1965, 1967 e 1970 acadando da mesma maneira unha millor marca persoal de 47.3
Sería internacional en 33 ocasións e no seu palmarés internacional sobresae esas dúas medallas de plata acadas nos Xogos Iberoamericanos de Túnez 1967 nos 400 m.l. e 4×400 m. Militaría sempre no Real Club Celta agás a última etapa da súa carreira atlética na que xa por motivos profesionáis (é aparexador) ficaría na capital do principado de Asturias fichando polo Universidade de Oviedo.
Xogos | Proba | Marca | Posto |
Tokio-1964 |
100 m.l. |
11.1 |
8º na 10ª elim. |
Un espacio para la Historia: Rogelio Rivas (de Emilio Navaza)