Resultados

II. Carlos Pérez, mito e lenda do Atletismo Galego

Seguindo co repaso cronolóxico dos olímpicos galegos, hoxe toca falar dunha da grandes lendas do noso atletismo, Carlos Pérez.

Carlos Pérez Alonso (Vigo, 1935) consitúe o prototipo do atleta entregado, constante e tenaz que lle levaría a estar en activo vinte anos a través dos cales acadaría nada menos que corenta e seis internacionalidades, e quince títulos de campión de España. O seu historial olímpico levaríalle a tomar parte en nada menos que en tres Xogos nos que compitiría nas probas de 10.000 m. e Marathon.

No seu longo periplo atlético vestería as cores dos Clubes Alerta e Celta de Vigo sendo adestrado por Luis Miró, Alfonso Posada e maiormente por Alfonso Ortega. As súas millores marcas nos 10.000 m. serían de 29.25.2 e de 2.16.27 na Marathon

Moi vencellado ao atletismo, logo da sua retirada, pasaría polos estamentos de adestrador, directivo e conferenciante sendo fundador da Asociación de Olímpicos Galegos recibindo ao longo da súa vida innumerables galardóns e distincións.

Xogos Proba Marca Posto
Roma-60 10.000m. 30.31.6 25º
México-68 Marathon Abandona
Munich-72 Marathon 2h.33.22. 50º

Curriculum RFEA

Un Espacio para la Historia: Carlos Pérez (de Emilio Navaza)

Ligazón Ligazón