Resultados

Presentouse hoxe en Ourense o Campionato de Galicia Absoluto

A presentación oficial do Campionato de Galicia que se desenvolverá en Ourense o sábado dia dazaséis, tería lugar hoxe as once da mañá no Pazo da Deputación de Ourense. A el audirían o Vicepresidente da Deputación Rosendo Fernández, o Xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia Mario Guede, o Xerente do Consello Municipal de Deportes Mario González, o Vicerreitor do Campus Universitario de Ourense Virxilio Rodríguez, o asesor de deportes na Deputacón Bernardino González. Tamén a Federacion estaría representada tanto polo seu delegado en Ourense, Manuel Blanco como pola do seu Secretario Angel Fidalgo.

No acto falaría cada un dos representantes das institucións sinaladas, salientando a importancia que para Ourense supón a celebración destes campionatos. Da mesma maneira indicaron o feito relevante de tratarse dunha edición na que se conmemorarán os cen anos de Atletismo en Galicia.

Da mesma maneira entregaríase un DOSSIER DO CAMPIONATO a todos os membros da prensa acreditados cas caracteristicas básicas do evento autonómico

Compartir: