Apenas faltan dous dias para a disputa do acontecemento máis importante do atletismo galego desta tempada ao aire libre. O Estadio de atletismo Josefina Salgado convertirase durante o sábado, no esciario perfecto e no epicentro do noso deporte, pero… ¿qué sabemos en realidade sobre a muller que lle pon o seu actual nome?
Para moitos e por descoñocemento, Josefina Salgado non supón máis que o nome dun estadio ubicado no complexo deportivo de Monterrei, e que por propia lóxica relacionan co atletismo sen máis. Para outros, quizáis os máis vellos, Josefina Salgado representa a figura de quen fora a millor atleta ourensana da historia e unha das millores do atletismo galego no segundo periodo dos sesenta e primeiro dos setenta.
No seu historial, pasa por ter sido a continuadora das pioneiras e precursoras do atletismo galego que abrirían moitas portas rachando moitos perxuicios e barreiras estereotipadas da época. A nivel deportivo sería unha atleta que chegaría a estabrecer nada menos, que dazaséis récords de España, sendo doce veces campiona nacional. Os seus rexistros da época falan as claras da calidade desta formidable atleta que chegaría a correr os 200 m.l. en 24.6. Tamen tería excelentes rexistros tanto nos 400 m.l. con 54.1 coma nos 800 m. con 2.12.9.
A súa madurez deportiva viría da man dun dos míticos adestradores nacionáis, Manuel Pascua que a dirixiría no seu periplo pola capital de España. Desafortunadamente un cancro acabaría ca súa vida cando tan só contaba con 45 anos de idade.
Por decisión plenaria, adoptaríase a principios dos noventa, poñer o seu nome as pistas de Monterrei ca finalidade de gardar tributo e rendir homenaxe a quen fora tan excepcioal atleta.