Resultados

Un Campionato Galego de 100

O vindeiro sábado 16 de Xullo as Pistas de Josefina Salgado de Pereiro de Aguiar (Ourense) serán o esciario escollido para dar acollida a desputa dos Campionatos Galegos Absolutos (LXXXIII en homes e XLVIII en mulleres) que contarán ca participación de moitos dos millores atletas da nosa Comunidade.

A gran cita atlética do verán, contará co engadido de coincidir ca celebración dos 100 anos do atletismo en Galicia, para o cal se ten preparado unha exposición que leva por título “Un século de 13 Xogos e 25 Olímpicos” e no que se fai un repaso dos atletas olímpicos galegos ao longo de todas as edicións. A maiores está editada unha medalla conmemorativa do centenario que será entregada a cada cada gañador en edición especial.

Seguindo a política de reparto económico dos últimos anos, contarase con importantes premios económicos para cada vencedor que irán a cargo da partida de Sistema de Axudas a Atletas Galegos de Alto Nível 2016. Tales cantidades serán de 100 € para cada un dos gañadores, así como de 300 € para os millores rexistros (táboa IAAF) dos sectores de velocidade e valados; medio fondo, fondo e marcha; saltos e por último lanzamentos.

CIRCULAR CAMPIONATO

LISTADO DE INSCRITOS ADMITIDOS

Compartir: