Saltar ao contido
Arquivo

Dous récords galegos, balance da semana que remata en canto a ranking

Remata a semana cunha chea de novas para o
atletismo galego na que ademáis da participación de cinco atletas nos europeos de Amsterdan como nova principal, acontecerían máis datos de interese das que salientamos o Récord Galego
Junior e Promesa
do relevo 4×100
feminino a cargo do Atletismo Feminino Celta cun crono de 47.98 (do que xa informamos) e o Récord
Galego veterán M-75
no concurso de Martelo 4 kg. do atleta do ADAS-Proinor José Manuel Almudi quen mandaría o artefacto ata os 39.28 m. Ese rexistro millora
os 38.88 m. que el mesmo tiña dende o ano pasado e que se acaban de coñocer logo da recalificación do seu rexistro acontecido no Trofeo Alfonso Posada de Vigo.

noticias
Compartir