Teriamos que agardar ata a xornada de hoxe para presenciar a unha atleta galega acadar un posto nunha final nos Campionatos de Europa que se están a desenvolver en Amsterdan. Por fin ao terceiro dia acabariase “co meigallo”, logo de que as opcións a priori máis claras tanto de Okutu como de Casañás non prosperasen, e sería Solange Pereira quen na proba dos 1500 m. se clasificara 5º na súa serie cun tempo de 4.11.48 que lle dan acceso a final por tempos. Ademáis o rexistro acadado, nunha proba que encararía de maneira decidida e valente, representa o quinto millor tempo das participantes.
A súa final disputarase o domingo as 17.15 horas na que deseguro estará na loita tanto por un posto de finalista como da mínima Olimpica de 4.07.00