Resultados

Con Saleta Fernández serán ao final cinco os mundialistas galegos juniors

A RFEA acaba de facer pública unha modificación sobre a súa circular nº 156/2016 na que figuran a relación oficial de atletas seleccioados para tomar parte nos vindeiros Campionatos do Mundo Junior que se desenvolverán na cidade Polaca de Bydgoszcz os dias 19 ó 24 de Xullo.

A relación de selecioados estará formada por un total de 38 atletas (24 homes e 13 mulleres) e un acompañamento técnico de 15 persoas

O novedoso desta circular, publicada hoxe, é a inclusión da galega Saleta Fernández no concurso de Altura logo de ter superado unha lesión que a piques estaría de privala de acudir.

Ca inclusión definitiva da monfortina, son cinco os atletas galegos que acudirán a Polonia entre os que se atopan Adrián Ben (1500 m.); Miguel González (3.000 m. Obstáculos) Ivo Maseda (10.000 m.) e Daniel Chamosa (10 km. Marcha).

Entre os técnicos viaxará o adestrador do Cuntis José Antonio Pardal

Compartir: