Deo comezo o Campionato de Europa de Atletismo que se está a desenvolver en Amsterdan dos dias 6 ao 10 de xullo e que conta ca participación de seis atletas galegos.
Seríá precisamente hoxe onde tomaría parte o saltador de lonxitude Jean Marie Okutu na proba de clasificación onde estaba en xogo o pase para a final e unha última baza para acudir os XX.OO.
Comezaría ben o concurso cun primeiro salto de 7.80 m. que facían mirar con optimismo a clasificación, malia que os seguintes saltos de 7.62 m. e 7.61 m. farían que no computo xeral acadara a décimo terceira posición, non podendo estar deste xeito, nesa desexada final de maña.
Xa na segunda xornada tomaría parte no concurso de lanzamento de peso Belen Toimil. A de Mugardos iría na súa proba de menos a máis, dando comezo cuns 15.62 m. no seu primeiro intento para dar paso a os 15.89 m. no segundo. No terceiro e último, chegaría ata a barreira dos 16.00 m. o que supón a súa segunda millor marca do ano.