Resultados

Mínima de Jean M. Okutu para o europeo de Amsterdan

Un número destacado de atletas galegos se achegaría onte para tomar parte no Meeting Madrid 16 desenvolto na capital de España.

O máis salientable serían os 7.95 m. na proba de lonxitude acadados por Jean Marie Okutu no seu quinto salto e que constitúen a mínima de participación para tomar parte no Campionato de Europa que se densenvoleverá en Amsterdam do 6 ao 10 de Xullo. O discípulo de Javi Medrano milloraría eses 7.91 m. que traía como millor rexistro de Alcobendas

Mauro Triana, outro dos participantes, tomaría parte nos 100 m.l. marcando un crono de 10.45 malia que con 2.4 de vento a favor.

Outras actuacións destacadas serían as de Frank Casañas en Disco con 57,78 m.; Ana Peleteiro en Triple con 13.45 m. e Lidia Parada en xavalina con 51.52 m.

RESULTADOS

Compartir: