Resultados

Catro ouros, unha prata e dous bronces balance para os nosos promesas en Toledo

Destacado balance o corresponde a actuación dos atletas galegos no Campionato de España Promesa (Toledo, 25 e 26 xuño ) a que acudirán un total de 26 atletas.

Sen lugar a dúbidas o gran titular deste campionato para os intereses galegos sería ese récord galego absoluto tanto nos 100 m.l. coma nos 200 m.l. de Mauro Triana (Playas de Castellón) que deixaría o reloxo en 10.46 e 21.07 respectivamente. Da mesma maneira cumpliría co papel de favorito impoñéndose en ámbalas dúas fináis. Para rematar esta histórica actuación, tomaría parte co seu clube no relevo 4×100 no que contribuiría decisivamente á consecucion da prata .

Belen Toimil (Playas de Castellón) sería outra das protagonistas ao refrendar o seu dominio no Campionato logo de acadar un millor lanzamento de 15.79 m. no seu quinto intento nun concurso que pasaría a domiñar xa dende o primeiro lanzamento.

Outra agradable nova sería a irrupción de Anxo Blanco (Coruña Comarca) na élite nacional de triple ao efectuar no seu terciero intento un salto de 15.06 que lle servirían para colgarse a medalla de bronce. Mesmo metal para Eugenia Gil (Marineda Atlético) quen na proba dos 400 m.l. e malia correr pola rúa número seis, marcaría un rexistro de 55.91 (mmp) que lle serviría para subir ao podium e confirmar a súa importante progresión dos últimos tempos.

Para rematar sería a atleta do Comesaña Sprting Club Carmela Cardama quen daríanos a última gran alegría do campionato ca súa victoria na proba dos 5000 m,.l. O seu rexitro de 17.01.58 quitaría máis de trece segundos a segunda clasificada o que pon de relieve a superioridade amosada nestes campionatos pola discípula de Oliva Román.

ACTUACION ATLETAS GALEGOS

RESULTADOS XERAIS

Compartir: