Remataría o Campionato de España de veteranos/as que se veu desenvolvendo en Elche os dias 24 ao 26 de Xuño.
A ela acudiron un total de 129 atletas galegos (dos cales 80 son homes e 49 son mulleres) e que por volume situou a expedición galega entre as seis primeiras do total de dazasete federacións nun campionato que xuntará a preto de 2500 actuacións de atletas.
Un balance moi positivo outorgaría aos atletas galegos un total de 61 medallas (25 ouros, 21 pratas e 15 bronces) así como o establecemento de vintecatro novos récords galegos
Para máis información premer en “ver noticia completa”
Nas mulleres de novo outra das atletas destacadas deste campionato, Esther Pedrosa M-55 (USC) volvería a inscribir o seu nome por partida dobre na tabóa de récords ao acadar o dos 1500 m. e o dos 800 m. en tempo oficial de paso. Raquel Lameiro do ADAS-Proinor en lonxitude e triple W-40 outorgaría ao equipo de Tinin outro bos rexistros para a súa entidade. Os de Cerceda (Atlética A Silva) colleitarían o resto de récords galegos: Angeles del Río en altura W-55 asi Emilia Mesa en disco W-60. Ana Abuin convertiriase en plusmarquista por partida dobre tando no disco como no martelo pesado na W-55. Para rematar Cristina Estévez na W-40 e do At. Feminino Celta nos 2000 Obstáulos tamén se sumaría a estes excelentes rexistros