Resultados

Nove medallas individuáis para a Selección Galega Cadete en Cartagena

Destacado balance de actuación o protagonizado pola Selección Galega Cadete no Campionato de España de Seleccións Autonómicas que se desenvolveu esta fin de semana en Cartagena.

Nas tres xornadas que duraría o encontro, sen lugar a dúbidas, o máis salientable sería a actución de Olaia Guisela Becerril que se imporía no concurso de lonxitude con 5.76 m. millorando ademáis o récord galego cadete en posesión de Iria Forjan en catro centímetros.

Nicolás Area sería outro dos protagonistas no concurso de disco, impoñéndose cun millor lanzamento de 55.75 m. e quitando máis de catro metros ao segundo clasificado.

Podiums de prata para os galegos, Lucía Sicre nos 600 m.l. con 1.37.43; Sara López nos 1500 m. Obstáculos con 5.07.56 e cuia marca representa un novo record galego millorando en preto de seis segundos a anterior marca que ela mesmoa poseía dende principios deste mes; Cristina Freire no concurso de disco con 34.43 m.; e Iria Rivas nos 3000 m. Marcha con 14.37.26, El Medhi El Nabaoui nos 3000 m.l. con 9.08.66. As únicas medalle de bronce correspondería a Marco Martínez en altura con 1.84 m. asi coma na do relevo feminino dos 4×100 m.

Serían precisamente protagonistas os relevos femininos xa que os seus rexistros de 49.05 nos 4×100 m. e de 2.50.45 nos 4×300 m. suporían sendos récords galegos.

A nivel de Seleccións Galicia ocuparía ao remate na categoría feminina unha destacada quinta posición con 225 puntos sendo os homes sextos con 185,5 puntos.

RESULTADOS HOMES RESULTADOS MULLERES