Récord Galego Junior nos 100 m.v. para Claudia Rojo Cazorla e Fernando Paredes en Peso na M-40

Claudia Rojo (Narón, 1997), xa o viña avisando dende a semana pasada na que correría os 100 valados nun rexistro de 14.50 malia que cun vento a favor superior ao permitido.

Pouco habería que agardar, xa que apenas unha semana despóis na desputa do título de Liga da División de Honra feminina desenvolto en Castellon o dia 11, a súa marca de 14.23 (v.+1.8) representaría un novo Récord Galego Junior. De igual xeito contribuiría decisivamente a conquista do título de liga por parte do seu clube (Valencia Club de Atletismo) ao acadar ca súa terceira posición 6 puntos que servirían para aventaxar ao Playas de Castellón, que ficaría como subcampión do Torneo, a cinco puntos das valencianas.

Da mesma maneira o carismático lanzador do Celta Fernando Paredes, acadaría no concurso de lanzamento de peso un Récord Galego M-40 ao mandar no seu último lanzamento a bola ata os 14.71 m. que millorarían en nada menos que en 37 cm. o anterior récord que el mesmo ostentaba dende maio da tempada pasada. Este rexistro, produciríase en Alcorcón durante a fase de ascenso a División de Honra na que os celestes acadarían a sexta posición

Compartir: