Misión cumplida para a S.Gimnástica e RIA Ferrol na División de Honra

Os dous representantes galegos na División de Honra cumpliron a perfección o papel que cada un deles tiña encomendado no dia de hoxe.

O equipo femenino do RIA Ferrol na súa xornada pola permanencia desputada en Valladolid acadaría a segunda posición con 96,5 puntos detrás do equipo gañador o Avinent Manresa con 102 puntos polo que un ano máis permanecerá na máxima categoría do atletismo español. O Clube departamental cimentaría a súa boa actuación nos trunfos das atletas Paulette Natacha nos 400 mv , Aldara Alvárez en Disco asi como no relevo dos 4×400

Pola súa banda, a Sociedad Gimnástica de Pontevedra na súa fase de loita polo título de Honra en Castellón remataría nunha oitava posición con 54 puntos o que pon punto e peche a un notable ano para os do Lérez.

Sería o Playas de Castellón quen acadaría o título de liga cun total de 139 puntos. Por parte dos Pontevedreses o máis salientable foron as terceiras posicións dos seus atletas Alberto Salcedo nos 200 m.l., Alberto Guerrero nos 800 m.l. e Lysvanys Arlys no concurso de altura

RESULTADOS RIA RESULTADOS SGP

Compartir: