Agustín González

O presidente do Clube ADAS-Proinor, Agustín González (A Rúa,1960), cóstalle ocultar a súa satisfacción co traballo realizado ata o de agora polo equipo feminino valdeorrés, que esta fin de semana loitará en Cáceres, por vez primeira dende a súa formación, por acadar unha das dúas prazas que dan acceso a 1ª División do Atletismo español

“Vimos cos obxectivos cumplidos e con moitísima ilusión e gañas…”, en referencia ao que esperan agardar este domingo, “…malia que somos conscientes do mermados que estamos para afrontar esta histórica cita”. As ausencias de Ana García e de Leticia Gil ambas por lesión, sen lugar a dúbidas representan un serio revés para a formación vermella que partindo da realidade “acudimos con moitas gañas e ilusión“. Tinin tamén apunta como puntos débiles do equipo tanto a xuventude coma a descompensación existentes entre sectores, nos que os lanzamentos representan o verdadeiro talón de aquiles da formación.

Pola contra nas carreiras é onde máis opcións teñen de acadar bos resultados grazas a aportación de catro atletas dos clubes filiales do Lugo Running e do Riazor Coruña.

Como principáis aspirantes a acadar o ascenso Tinin aposta polo “Bahia de Algeciras e pola Sociedad Gimnástica de Pontevedra, sen esquecer ao club local do Perceiana-Extremadura”, para a renglón seguido afirmar “…agardámonos repoñer das nosas importantísimas baixas e poder dala sorpresa”

Compartir: