Resultados

Antía Chamosa, mínima para o Campionato de Europa Xuvenil

Unha das nosas máis firmes promesas da marcha, Antía Chamosa, ben de establecer no pasado Campionato de Galicia Xuvenil, Junior e Promesa, un rexistro de 24.12.66 na proba dos 5000 m. marcha o que representa a mínina esixida pola RFEA, segundo a súa circular 11/2016, para tomar parte no Campionato de Europa Xuvenil que se desenvolverá os dias 14 ao 17 de xullo na cidade Georgiana de Tblisi. A mínima establecida pola área técnica da RFEA estaba fixada en 24.15.00.

Compartir: