Campionato de España Promesa e Campionato de España Xuvenil: 11 medallas

Sensacionais os resultados logrados polos atletas galegos no Campionato de España Xuvenil e Promesa celebrado este fin de semana, se a xornada do sábado nos deixaba as medallas de Belén Toimil con Record Gallego Absoluto en peso, Lidia Parada subcampiona de España con record galego promesa de xavelina e o primeiro posto da xuvenil Laura Meira en xavelina na xornada do domingo chegaron numerosas medallas e bos resultados para a representación galega en Tarragona e Ciudad Real. En canto aos atletas promesas Mauro Triana del Club Coruña Comarca lograba aumentar o seu palmarés a nivel nacional logrando o subcampionato nos 200 cunha marca de 21. 72 prexudicado polo vento en contra, Jenny Fernández del Club Atletismo Celta referenda a súa mellor tempada coa medalla de bronce nos 800 con 2.11.43, Paula Ferreiros de novo a un bo nivel bronce con 56.14. Bos postos dos marchadores con dous cuartos de Francisco Durán del Lucus e Teresa Elena Corbal del Atletismo Femenino Celta e quinto posto do céltico Christian Curopos, Carlos Moro volvía lograr o pase a unha final dun campionato de España nos 400 valos entrando quinto con 53.76 mesmo posto que Angel Menduiña no decathlon con 5849 puntos, Rocío Rodríguez da SGP sería sexta nos 1500 e na mesma final oitavo posto para Eva Cid del Comesaña.
Os atletas xuvenís con ampla participación lograron actuacións destacadas como nos 3000 metros con Tariku Novales del Atletismo Noia e Miguel González del Lucus primeiro e segundo respectivamente, Adrián Ben vencía nos 2000 obstáculos con record dos Campionatos 5.56.37, carreira valente para Elba Velez de la Atletica Lucense nos 1500 logrando a medalla de prata, Antia Chamosa del Comesaña terceira nos 5000 marcha con 24.25.29, bronce tamén nos 2000 obstáculos para Ana García (ADAS). Cuarto posto do relevo feminino do Lugo Running con 50.25, foi cuarta, Miriam Otero quinto cun bo rexistro de 25.58 e sétima tamén nos 200 metros Xiana González con 25.89 e bo resultado no heptatlon de Andrea González con 3653 puntos vencendo na proba de xavelina.

Compartir: