As pistas de atletismo do CGTD de Pontevedra acolleron o Campionato de Galicia Cadete, as probas de marcha do Campionato de Galicia Xuvenil, Junior e Promesa e a primeira xornada do Campionato de Galicia de Probas Combinadas. Nos cadetes, co gran aliciente de loitar pola selección para o Campionato de España do CSD por autonomías, salientamos a Javier Mañana (Marineda) con victoria nos 300v e 100v, Saray Amoedo (Vila de Cangas) na lonxitude e triple e Santiago Represas (C.A.Sada) nos 100 e 300. Moi disputadas foron algunhas probas como os 300 valados no que Uxía Pérez (Atlética Lucense) con 47.20 impuxose a Silvia de Diego (Ría Ferrol) con tres centésimas mais. Tamén os 600 masculinos decidironse por duas centésimas a favor do atleta do Ría Carlos López fronte a Roi Estevez (A.D. Mazí). No Campeonato xuvenil, junior e promesa, os vencedores na proba de marcha foron os xuvenis Emilio Novás e Antía Chamosa, ámbolos dous do Comesaña, os junior Dani Chamosa (Comesaña) e Mar Chillón (Vila de Cangas) e Fran Durán (Lucus) e Rocío Carbia (Atletismo FEmenino Celta) en promesa.