As pistas de atletismo de Elviña na Coruña albergaron o Campionato de Galicia por equipos das categorías cadete e júnior organizado polos Clubs locais Club Marineda Atlético e Club Riazor Coruña. Os vencedores por equipos foron en categoria cadete feminina a Agrupación Viguesa de Atletismo e en categoría cadete masculina o Club Atletismo Millaraio completando o podium o Ría Ferrol e o Lucus en mulleres e o Marineda e Ría Ferrol en homes. En canto aos juniors vencerían en mulleres o Atletismo Vila de Cangas e en homes a Sociedade Ximnástica de Pontevedra sendo segundos e terceiros o Atletismo Femenino Celta e o Comesaña en mulleres e o Lucus e R.C.Celta en homes. Salientar os rexistros de Adrián Ben do Lucus nos 2000 obstáculos con 5.54.50 mínima para o Campeonato do Mundo Xuvenil, Anxo Blanco do Coruña Comarca en triple salto con 14.75, Carmela Cardama e Angela González do Comesaña con 4.34.06 e 2.12.24 en 1500 e 800, e os vencedores das suas probas Dario Costas en 110 valados e altura, Martín Liste no peso e disco e Miriam Otero en 100 e 200 metros .En cadetes protagonismo de Claudia Torres vencedora nos 100 con 12.56 e en 300 con 41.36. Salientar, tamén, o rexistro de 5.09 de Olaia Becerril (AVA) na lonxitude.
Dúas novas mellores marcas autonómicas de marcha
Os irmáns Chamosa Dacasa, marcaron dúas novas melloras marcas autonómicas na distancia de 3000 metros marcha
Daniel, consegue a mellor marca autonómica júnior cun rexistro 13.10.6, e a súa irmá Antia, a xuvenil con 13.39.2, ambos os dous atletas defenden a camiseta do Comesaña Sporting Cub de Vigo