Esta mañá asinouse no Reitorado de Vigo o convenio de colaboración entre a Federación Galega Atletismo e a Universidade de Vigo, representado polo seu Reitor, Prof.Dr. Salustiano Mato de la Iglesia. Entre as clausulas incluídas asegúrase o uso das pistas de atletismo dos campus de Ourense e Vigo por parte dos atletas federados e a cesión do material de competición da propia Universidade á organización de campionatos. A FGA, entre outras, facilitará a realización de prácticas curriculares dos estudantes de Grao nos diferentes núcleos atléticos; nomeará un técnico que dirixa o programa do Fomento do Atletismo na Universida de Vigo; aplicará descontos nos cursos de técnicos aos estudantes universitarios e a exención do canon ás competicións oficiais. Así mesmo recoñecerá a Universidade de Vigo como entidade colaboradora da FGA. O presidente da FGA Isidoro Hornillos agradeze o Reitor e o Prof.Dr. Miguel Ángel Castaño, Director da Área de Extensión Universitaria, o seu importante apoio ao atletismo galego.