O vindeiro fin de semana íniciase unha nova edición do Campeonato de España de Clubes con dos equipos galegos masculinos na División de Honra (R.C.Celta e Sociedade Gimnástica de Pontevedra) e un femenino Ría Ferrol e o C.A. Narón de homes e Atletismo Femenino Celta na primeira división. A atención principal estará nas pistas de Balaídos nas que os locais do R.C. Celta enfontaranse a SGP, A.D. Maratón (con presenza de varios galegos) e R.Sociedade. As mulleres do Ría desplazaranse a Léon donde competirán con A.D. Maratón, o Piélagos e o Sprint Atletismo León. Na primeira división os homes do C.A. Narón, equipo moi reforzado cos filiales do Lucus e Coruña Comarca, viaxarán a Moratalaz mentres que as mulleres do Femenino Celta iniciarán unha nova tempada na primeira división en Burgos.