Presentacions dos 10 Km de Carballo e o Campionato Autonomico de 5 Km., na Estrada

Dous importantes acontecementos atlético, fixeron a presentación no dia de hoxe.
Esta mañá presentouse a V Carreira Popular 10 Km Concello de Carballo, na sede do concello. Á parte do alcalde do municipio, Evencio Ferrero e do concelleiro de deportes, Marcos Trigo, o presidente da FGA tivo a satisfacción de compartir o acto con Esther Pedrosa e Carlos Adán Arias, dous excepcionais fondistas galegos que seguen activos nas súas categorías de veteranos e que son un exemplo para moitas xeracións de atletas.

Hoxe pola tarde realizouse na Estrada a presentación do Campionato de Galicia de 5 Km en ruta, a celebrar neste Concello pontevedrés o próximo fin de semana. Participaron tamén no acto o alcade do municipio José López Campos, o presidente do Club Deportivo Sampaio Ramiro Cillero, o seu vicepresidente Gonzalo Blanco e Adrian Picallo, vogal da entidade.
A FGA quere expresar se gratitude ao concello e ao club por asumir a organización deste campionato autonómico xunto á Delegación da FGA en Pontevedra.

Compartir: