Presentouse na Cidade da Cultura (Compostela) a II Carreira Camiño das Letras. Unha vez mais a cultura e o deporte fundense nun evento atlético que transcurre por unha parte do Camiño de Santiago, moi atractivo para tódolos participantes e que se suma ós actos de conmemoración do Día das Letras Galegas. Na presentación estiveron Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Cultura da Xunta de Galicia; Valentín García Gómez, Secretario de Política Lingüística (Xunta de Galicia), o atleta internacional Pedro Nimo del Oro, Jorge Touriño (Xuíz Nacional) e o televisivo Roberto Vilar, actor, presentador e padriño da carreira.