Resultados

Adrian Ben e Carmela Cardama campeons de Espana de Fondo en pista. Miguel Gonzalez terceiro

Tres medallas no Campeonato de España de Fondo en pista que se está a celebrar en Huelva. Os xuvenís do Lucus Caixa Rural non defraudaron proclamándose Adrián Ben campeón de España con 14.52.47 e subindo ó podium na terceira posición Miguel González con14.56.53. Nas mulleres Carmela Cardama, do Comesaña, foi tamén primeira con un tempo de 16.32.42 borrando das listas de records galegos da distancia de 5000 que poseía Paula Hernández dende o ano 1997. Nesta mesma carreira Uxía Pérez (Playas de Castellón) foi cuarta con 17.43.74.

MG

Compartir: