Resultados

I Campionato de Galicia de Trail: Nova competición no calendario galego

O próximo domingo dia 15 na Granxa do Xesto (Monte Pedroso) de Santiago celebrarase o I Campionato de Galicia absoluto de Trail para as categorías júniors, promesa e veteranos
A competición celebrarase conxuntamente co Trail de Compostela. 15º Aniversario do Noitebra F.C., e estará baixo o control do Comité Galego de Xuices da FGA, dando comezo a competición ás 10.30 horas, e transcorrerá por un circuíto mixto de camiños, pistas, curta-lumes e montes do contorno do Pedroso e Ames. O percorrido terá aproximadamente uso 17,5 Km., cun desnivel positivo duns 650 m metros-
Regulamento: Campionato GalegoTrail de CompostelaAtletas inscritos Cto. Galego

Compartir: