O presidente da FGA Isidoro Hornillos felicita ó novo plusmarquista galego de 200m en pista cuberta e flamante medalla de bronce nos Campeonatos de España celebrados esta fin de semana en Antequera. Nun sinxelo acto encontraronse Mauro Triana e Isidoro Hornillos xunto co adestrador e responsable do sector de velocidade Carlos Tuñas no que celebraron o final dun récord de 33 anos. Nunca antes o atletismo galego tivera tres homes con menos de 22 segundos en pista cuberta.
O presidente quere, tamén, felicitar a tódolos medallistas da fin de semana.