Os Campionato de Galicia Junior e Xuvenil depararon nas pistas de Riazor unha competición con gran participación, que permitiu ver a progresión de moitos dos nosos atletas que xa destacan a nivel
nacional como é o caso de Dario Costas, Iria Forján ou Carmela Cardama.
O protagonista masculino da xornada sería Dario Costa,s o atleta adestrado por Santi Ferrer, lograba a vitoria en 50 metros lisos con 6.03, en 50 metros valados con 7.01 e marca persoal en salto de
altura con 1.96. Os atletas da Sociedade Gimnástica de Pontevedra brillaron en varias probas, o atleta xuvenil Angel Vargas impoñíase nos 50 metros e os 200 metros, Alfonso Pérez nos 400 metros
junior con 52.37, Jorge Puig nos 1500 junior mentres que Fernando Rial era o claro protagonista no medio fondo xuvenil gañando o 800 e o 1500. Outros atletas que destacaron a un gran nivel foron
Miguel Otero do Real Club Celta, nos 800 metros que realizou un cambio espectacular a falta de 300 metros ao que non puideron responder os seus rivais, Anxo Blanco sensacional en lonxitude con 7.02
proclamándose tamén Campión Galego Junior da súa especialidade, o triplo salto, con 14.55, Ivo Maseda do Lugo Running Club sen oposición nos 3000 con 8.43.16 e Iago Lousa que gañaría o 50 valas e a
lonxitude xuvenil. En peso Pablo Castro un novo titulo de Campión Galego cun mellor lanzamento de 15.49.
En mulleres víronse probas interesantes como o duelo na velocidade de Iria Forján e Laura Chapela, vencendo a primeira en categoria junior con 6.76 mentres que en categoria xuvenil a raíña da
velocidade foi Miriam Otero gañando os 50 metros con 6.83 e os 200 metros con 26.55, marca similar á obtida por Laura Chapela do Atletismo feminino Celta con 26.57. Nos 400 metros junior outras
dúas atletas en progresión como son Eugenia Gil que vencía con 57.92 e Claudia Rojo que tras impoñerse no 50 valdos lograba o subcampeonato con 58.49. Paula Iglesias gañaría os 400 metros xuvenil e
a altura xuvenil. Nas probas de medio fondo dominio das atletas do Comesaña Sporting Club Angela González con 2.18.35 en 800 metros e Carmela Cardama en 1500 con 4.37.50 mentres que boas sensacións
das atletas xuvenís Laura Santos, Elba Velez e Claudia Blanco. En canto aos saltos destacar a Elvira Okutu con 5.57 en lonxitude e Iria Forján 5.47 e Paula Freiria atleta xuvenil do Ourense
Atletismo que gañaba con 10.94.
Para rematar destacamos os 4.75 en salto con pértiga de Santiago Ferrer que participando fóra de concurso lograba marca persoal. Resultados