Monforte acolleu o campionato de Galicia absoluto, promesa e junior de campo a través e por equipos no que os grandes favoritos non defraudaron. A primeira proba en disputarse como xa ven sendo habitual foi a junior femenina con un podium de verdadeiro luxo: Carmela Cardama (Comesaña), Uxía Pérez (Playas de Castellón) e Angela González (Comesaña). Por equipos foi o Comesaña o claro vencedor. A priori a junior masculino era unha das carreiras mais igualadas aínda que dende o principio o atleta do Lugo Running Ivo Maseda mostrou unha lixeira superioridade na distancia. Completaron o podium Ero Doce do Ría Ferrol e Jorge Puig da SGP. Por equipos unha nova victoria para o C.A. Santiago. Nas mulleres Esther Navarrete do Atletismo Femenino Celta foi clara vencedora por diante de Leticia Fernández (Ría Ferrol) no seu primeiro ano como senior e Barca Toba da SGP. A primeira promesa foi Jenny Fernández (Atletismo Femenino Celta) que entrou na cuarta posición sendo segunda e terceira Rocío Rodríguez (SGP) e Eva Cid (Comesaña), respectivamente. Campeonato por clubes para o Comesaña en absoluto e SGP en promesa. Pasadas ás 13h e con temperaturas menos xélidas deuse a saída à proba mais numerosa. Era o turno para a promesa/absoluta masculina. Alejandro Fernándo, do 3&Run by Pedro Nimo entraba por diante de Hassan Lekhili do Ourenrunning e o seu compañeiro de equipo Akka Essadaoui maila condición de extranxeiros levou a que subiran ó podium Antonio Serrat (SGP), primeiro promesa, e Javi Paredes do Ourenrunning. Por equipos dominio do 3&Run by Pedro Nimo. Completouse o podium promesa cos atletas do RC Celta David Santos e Gonzalo Basconcelos. Por equipos, foi o Comesaña o campeón galego.
Bo campeonato organizado polo club local A Gándara, o Concello de Monforte e a FGA na que os vencedores individuais de cada unha das categorías recibiron un reloxio do patrocinador Xollería Camilo e os vencedores absolutos unha viaxe de mans da Caixa.
MG