O pasado venres 6 presentouse no Consello Superior de Deportes o
libro “Cronoloxía dos récords e mellores marcas españolas do atletismo”, coa presenza dun centenar de plusmarquistas nacionais de todas as épocas. Esta xoia é obra da Asociación Española de
Estatísticos de Atletismo (AEEA), tras un laborioso traballo de tres lustros. No tocante aos responsables galegos, hai que destacar a Enrique Tre, como co-autor, aínda que é un traballo conxunto
dos membros da AEEA, entre os que figuran Jorge Blanco, Antonio Cordero, Óscar Fernández, Alfonso Posada, Anxo Sesar, e o propio Enrique Tre.
Carlos Pérez, Ramón Magariños e Isidoro Hornillos foron os tres atletas galegos presentes nun acto emotivo e brillante, enchido de figuras, aínda que a lista inclúe moitos outros grandes de todos
os tempos, que contribuíron á evolución do atletismo en España e en Galicia