Solange Pereira no Meeting de Luxemburgo
Solange Pereira (Valencia Terra i Marzo) buscará este sábado a mínima para o europeo de Praga (6-8 de marzo)
no Meeting de Luxemburgo. Coa mellor marca persoal entre as inscritas, 4.15.17 en pista cuberta, necesita rebaixar o seu tempo os 4.14.exigidos para a cita continental. A organización baralla a
posibilidade de poñer unha lebre que axude a mellorar o rendemento das atletas. No caso contrario, tocaralle tirar e rodar case en solitario para conseguir o seu obxectivo. A magníficas
instalacións son un factor a ter en conta e xustifican o desprazamento. Nas últimas tempadas, a atleta de Cangas deu un salto cuantitativo e móvese a nivel internacional con frecuencia. A presenza
nos grandes campionatos é o paso natural seguinte.
Flor Currás.