Resultados

Campionato de Galicia de Clubes Probas Combinadas e Campionato de Galicia Heptatlón/Pentathlón Veterán

Desenvolveuse no módulo e pistas do Gregorio Pérez de Rivera de Lugo o Campionato de Galicia de Clubes de Probas Combinadas e Campionato de Galicia de Heptathlón e Pentathlón veterán. A Sociedad Gimnástica de Pontevedra imporíase e ámbalas dúas categorías seguida polos clubes do R.C. Celta e a Agrupación Viguesa de Atletismo na categoría masculina. Na categria feminina de novo o AVA subiria ao podium malia que desta vez para ocupar o subcampionato, sendo a terceira posicion para a Atlética A Silva de Cerceda. Individualmente, os mellores foron Anxo Breogán (AVA) en cadete, Brandán Candal (C.A. Santiago) en xuvenil, Darío Costas (SGP) en junior, Santi Ferrer (SGP) absoluto e Gabriel Lorenzo (Atletismo Morrazo), José Luis Domínguez (R.C. Celta) e Francisco Quintás (SGP) en veterán M-35, M45 e M50 respectivamente. Nas mulleres as millores foron Silvia Dorila (RIA) en cadete, Andrea González (C.A. Santiago) en xuvenil, Sandra Carballo (SGP) absoluta e Mónica Yañez (ADAS), Lucía Doval (Atlética Silva), María Rosario Sureda (ADAS), María de los Angeles Rodríguez (Atlética A Silva) en veterán W-35, W-40, W-50 e W-55. Asemade, celebrouse probas de control de 60m e 60m valado con alta participación destacando o rexistro de Denis Galán do Coruña Comarca con 6.98 e os 7.55 do marinense Jean Marie Okutu nos seu quinto salto. Salientar, tamén, a participación de atletas galegos no Campeonato do Norte de Portugal. Solange Pereira e Leticia Fernández foron primeira e segunda nos 1500 con 4.23.16 e 4.24.93 A tudense correu tamén os 800m vencendo con 20.13.23.

Compartir: