Resultados

O veterano lanzador coruñés, que no mes de agosto anunciase a súa retirada definitiva da alta competición, foi convocado pola Real federación Española de Atletismo (RFEA), para participar como técnico responsable da modalidade de lanzamento de xavelina, na Concentración de Lanzamentos Xuvenil e Júnior, que se celebrará no Centro de Alto Rendemento de León, os próximos días do 2 ao 5 de xaneiro.
“Necho” Fernández, Licenciado en Ciencias da Actividade Física e Deporte, con Mestría na modalidade de Atletismo, xa viña desempeñando funcións de adestrador na Escola de Lanzamentos, baixo a dirección técnica de Raimundo Fernández pai, onde, dende fai un par anos, dirixe varios dos mellores especialistas galegos das categorías xuvenil e júnior.
Esta é a segunda ocasión na que o técnico coruñés é chamado para participar nestas Concentracións de carácter nacional, e a primeira na que o fará en funcións de técnico responsable de xavelina. Sen dúbida, un recoñecemento á súa extensa traxectoria como atleta nesta especialidade, e unha oportunidade para seguir traballando polo atletismo, esta vez como técnico

Compartir: