O centro de lanzamentos de Lovelhe, en Vila Nova de Cerveira inaugurou un ano
máis a tempada, coa presenza de atletas galegos que se achegaron buscando as primeiras marcas nesta I Xornada, dunha serie de sete que remata en xullo. A acollida por parte da organización, como
sempre, excepcional.
A participación galega foi maioritariamente dos grupos de adestramento de José Manuel Hermida e José Domínguez, e aínda que en xeral non se realizaron grandes rexistros ao estar aínda en
pretempada, destacou con nome propio Martín Liste (A Silva) ao lanzar o disco de 1.750 kg a 51.20 m de distancia, marca que anima a pensar na clasificación para o europeo júnior e o récord galego,
establecido en 53,29m.
Na proba de martelo, a máis concorrida, Isaac Vicente (Marathón), con 61.40 m achegouse ao mínimo nacional, lonxe aínda dos seus mellores rexistros. Outros dous novos atletas asinaron marcas
sobresaíntes para este inicio de curso. Gonzalo Brotóns (Lucus) estreouse co martelo de 6 kg lanzando 47.03 m, e a xuvenil Andrea González (C.A. Santiago), lanzou a xavelina a 34.58 metros.
Flor Currás